Mai 08, 2018
Os participantes recibirán distintos agasallos dos patrocinadores, desde un kit de Arenal a un adestramento personalizado de Aluma Perruqueiros para os 20 últimos clasificados redacción LUGO.
Participar nun medio maratón —e terminalo— é un reto persoal para moitos deportistas, que terán unha nova oportunidade de conquistar os 21 quilómetros o vindeiro domingo, cando se dispute o II Medio Maratón Cidade de Lugo El Progreso. Un evento así necesita de moitos apoios para facilitar a organización e tamén para que todos os deportistas e afeccionados sentan máis cómodos. Sen a implicación das empresas, sería imposible que unha iniciativa como esta saíse adiante. Pero é que neste caso, tanto Arenal como patrocinador principal como o resto de patrocinadores, decidiron obsequiar a todos os valentes que se acheguen a gozar do atletismo o próximo fin de semana.
A cadea de perfumerías Arenal entregará un kit a todos os participantes, que ademais conseguirán un vale de cinco euros sen necesidade de compra. A cadea de Aluma Peluqueros financiará un adestramento persoal dun mes para os 20 últimos clasificados da carreira. a cargode Fabio Pires, técnico en Educación Física cun máster en Adestramento Personalizado e adestrado de Lles Mills Brasil. Aluma tamén ofrecerá un vale de desconto de cinco euros a todos os participantes.
Jamones González regalará un xamón aos dous gañadores absolutos da competición, un lote de produtos ao club máis numeroso e un paquete de loncheado de xamón para os gañadores do resto de categorías.
A atención sanitaria é vital nunha proba da esixencia física dun medio maratón. Aí é onde entra a colaboración do Hospital Polusa, que ofrecerá asistencia médica dispoñible para todos os corredores ao longo da carreira, e servizo de fisioterapeutas ao final da mesma.
A Clínica Baviera, pola súa banda, terá unha caseta montada o día da competición cun equipo óptico que permitirá coñecer a gradación da vista de forma gratuíta. Ademais, aqueles interesados en realizar unha operación obterán un vale para realizarse as probas preoperatorias gratis e un agasallo sorpresa da clínica.
Coca-cola, no seu compromiso coa sociedade e a protección do medio ambiente, inclúe o medio maratón en Evento con Bo Ambiente, con accións como a colocación de canastras contedoras, a aposta pola reciclaxe ou a sinalización.
Ditramotor fará unha oferta exclusiva aos participantes, mentres que Intersport ofrecerá un desconto do 20% en artigos de running para todos os corredores. Caixa Rural, Covissa, Froiz , Torvar e Salutrans tamén patrocinan o evento.