Mesa coloquio: "Atletismo, un deporte en Auxe"


O Progreso, organizador do I Medio Maratón Cidade de Lugo, quixo dar un paso máis aló na súa implicación co atletismo, e puxo en marcha unha serie de actos asociados á proba de fondo, cos que pretende profundar en diferentes aspectos relacionados coas disciplinas atléticas.

Un deles será chárlaa-coloquio : Atletismo, un deporte en auxe, que se celebrará o venres 21 de abril ás 20.30 horas no salón de actos A Fundación do edificio Abanca.

 

Nesta charla contaremos coa presenza de sete figuras representativas do Atletismo en Galicia:

  • ANDRÉS DÍAZ
  • PALELAS
  • TITO MARGARIDE
  • MARIANO CASTIÑEIRA
  • ANA FERRADÁS
  • ALEJANDRO GÓMEZ
  • ALBERTO FERNÁNDEZ

 

Noticia Ampliada: http://elprogreso.galiciae.com/noticia/685896/lugo-acogera-un-coloquio-sobre-el-auge-del-atletismo

 

O salón de actos da Fundación encheuse para gozar dunha xornada de atletismo con maiúsculas. O subdirector do Progreso, Perico Diéguez, moderou unha distendida charla con este deporte como pano de fondo e no que participaron sete figuras indispensables do atletismo galego: Palelas, Mariano Castiñeira, Ana Ferradás, Andrés Díaz, Alejandro Gómez, Perico Margaride e Alberto Álvarez Flores.

 

Atletismo, un deporte en auxe era o título e o punto de partida do evento, aínda que os relatores foron máis aló e protagonizaron un intenso debate que tocou aspectos como a formación da canteira, a educación nos valores do deporte, a traxectoria do atletismo desde a segunda metade do século XX ou a necesidade de implicación de exatletas e figuras importantes do mundo dentro das institucións.

 

Noticia Ampliada: http://elprogreso.galiciae.com/noticia/692667/la-elite-gallega-entrega-el-testigo-del-atletismo-lugo